MOSTRA DE TEATRO GALEGO DE CARIÑO
Obradoiro de Iniciación ao Clown

31 Xullo 2017
Xoves 10 e venres 11 de agosto. Auditorio Municipal (Casa da Cultura – Paseo Marítimo, s/n.). Entre as 10 e as 14 horas.
A partir de 15 anos.
Prezo da matrícula: 20€
Inscrición na Casa do Concello, no teléfono 981 405 064 ou en cultura@concellodecarino.com
Límite de prazas: 15
O obradoiro terá como obxetivo básico o achegamento de cada un dos participantes ó seu propio clown. Durante as sesións nas que se desenvolverá o curso, adicarase unha parte importante do tempo a xogar. O xogo é moi importante para o descubrimento do clown.

Participantes: Dado que se trata dun curso de iniciación ó clown, e tendo en conta que se busca unha especie de nacemento do mesmo, o perfil máis axeitado de alumno para este curso é o de persoas chegadas non só do mundo da interpretación, senón, persoas de calquera ámbito que non asistiran con anterioridade a ningún curso ou obradoiro sobre o mesmo, ou en caso de ter asistido, querer profundizar na sua búsqueda. En canto ás idades, admitirase calquera persoa a partir de 15 anos.
Imparte: Marián Bañobre (Ferrol, 1978).
Fórmase en clown con mestres da talla de Jonh Wright, Tom Greder, Christian Atanasiu, Eric de Bont, Carlo Colombaioni, Johns Pappila, Pablo Muñoz, Sophie Gazel ou Leo Bassi. Co-fundadora da compañía de clown MAQUINARIA PESADA, e máis recentemente IBUPROFENO TEATRO coa que desenvolve proxectos propios xunto co seu compañeiro Santiago Cortegoso como “A Filla de Woody Allen”, “Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios”, “Fitness”, “O Furancho” ou “Raclette”. En 2004 traballa como clown coa compañía francesa Theatre Organic, no espectáculo “Où va la lumière quand il fait noir?”. Ademais participa desde o 2001 en espectáculos de clown coas compañías Os Sete Magníficos Máis Un e Dous Son Compañía.
Desde o 2.003, imparte cursos de clown con regularidade en escolas de teatro, concellos, festivais, centros de formación profesional ou asociacións culturais. Como actriz, recibe dous premio de teatro María Casares no 2015 e no 2014. Estudou teatro na escola CASAHAMLET (A Coruña), realizou o Posgrao de Especialista en Arte Dramática na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de cursos intensivos complementarios de voz, Commedia dell’Arte, esgrima, bufón, movemento escénico,danza, dobraxe, teatro en verso, etc.. Dende o ano 1998 participa en máis dunha treintena de espectáculos teatrais en distintas compañía profesionais de Galicia e do resto do estado.