ACTUALIDADE
O Concello de Cariño acolle a proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”

03 Outubro 2016
Trátase dun traballo dirixido por Iago Vázquez sobre a historia do teatro galego na segunda metade do século XX.
O vindeiro venres 11 de novembro, no Auditorio Municipal de Cariño (Paseo Marítimo s/n) acollerá a proxección da longametraxe documental “O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego”. Trátase dun traballo que realiza un percorrido sobre a historia do teatro galego a través da vida de dous actores, xa falecidos, que tiveron unha importante relevancia no ámbito teatral en Galicia, Tuto Vázquez e Maria José Mosteiro.
A cinta proxectarase no Auditorio Municipal de Cariño o venres 11 de novembro ás 20.00 h. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Ó remate da sesión celebrarase un encontro-coloquio co director, Iago Vázquez, que falará do proceso de creación do documental que conta coa participación de importantes figuras da escea galega como Lino Braxe, Agustín Vega, Xosé Vilarelle, Amparo Gómez, Elina Luaces, Luisa Merelas, Amalia Gómez, Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Miguel Pernas, Eduardo Lonso ou Xulio Lago.
