IMPORTANTE
NOVIDADES SOBRE O ESTADO DA AUGA POTABLE

6 Febreiro 2023
En base ás últimas análises realizadas tanto polo Concello de Cariño como pola Consellería de Sanidade, e logo de recibir hoxe resposta positiva á solicitude realizada pola administración local o pasado venres 3/2/2023, infórmase á ciudadanía de que:
A auga do abastecemento público volta a ser declarada como “apta para o consumo” nas parroquias de Cariño e A Pedra.
Polo tanto, e a pesar da boa nova, continuamos coa planificación para proporcionar á estación potabilizadora de O Castro (A Pedra) sistemas específicos para o control de parámetros moi concretos, especialmente do níquel.
Como xa informamos en publicacións previas, vén de realizarse por parte dunha empresa especializada no tratamento de augas potables un estudo no que se sinalan e cuantifican as inversións necesarias a medio prazo para rematar coa problemática de forma estable. O orzamento supera os 140.000 euros, para o cal xa se resolveu practicar unha transferencia de crédito de urxencia. Dada a aparente orixe natural do problema, é fundamental procurar solucións estables e definitivas a medio e longo prazo.
Entretanto, e como é lóxico, non se renuncia a todas as medidas correctoras parciais xa aplicadas para solucionar este importante problema, e que permitiron a decisión que hoxe se adopta.