Mercado Municipal. Decreto Alcaldía Limitación
14 Xaneiro 2021
O Goberno de España declarou o día 14 de marzo de 2020 o Estado de Alarma en todo o pais, mediante Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, regulador do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e coas sucesivas prórrogas.
Vista a Orde do 13 de xaneiro de 2020 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro, reguladora das medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemolóxica derivada do COVID-19 na CCAA de Galicia, asi como o Decreto 3/2021, de 13 de xaneiro, ámbolos dous publicados no DOG de 13/01/2021.
Considerando a situación epidemolóxica a nivel xeral e co fin de garantir a salubridade e seguridade cidadá.
No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:
Limitar, ata novo acordo, o mercado semanal dos venres á venda directa de produtos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros.
Neste enlace podes descargar o decreto con toda a información.