MEDIOAMBIENTE
O concello de Cariño ten importantes valores mediambientais. Pese a ser un concello pequeño presenta unha importante variedade de hábitats e de especies de flora e fauna. Así ten praias, cantís costeiros e tamén un sector de serra litoral. A boa conservación e a presenza de especies e hábitats de gran importancia no sector dos cantís da Capelada fai que o Concello de Cariñogoce dunha zona protexida como Zona de Especial Conservación dentro da Rede Natura 2000 (ZEC Costa Ártabra).
BOAS PRÁCTICAS EN RELACIÓN Á CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE
- Coñece e respecta os valores naturais, os ecosistemas e as paiaxes da túa contorna.
- Reflexiona sobre as consecuencias medioambientais dos teus hábitos.
- Consume de xeito responsable. Elixe productos locais e ecolóxicos cando sexa posible. Asegúrate de que os envases son reciclables.
- Empregal pilas recargables.
- Utiliza a rede de transporte público en lugar do coche particular.
- Recicla e reutiliza os teus residuos.
- Leva sempre contigo bolsas cando vaias á compra.
- Desconecta os paratos electrónicos cando non os utilizas.
- Ensina aos teus fillos e amigos a apreciar e conservar o medio ambiente.
Servizo de recollida de mobles e electrodomésticos:
O Concello ofrece un servizo semanal de recollida a domicilio de mobles e electrodomésticos. O camión de recollida pasa os martes logo de solicitalo nas oficinas municipais.
É requisito imprescindible solicitalo previamente. Na solicitude indicarase o tipo e cantidade de obxectos a recoller.
Os mobles deben depositarse nos lugares designados, previamente desmontados.
Para solicitar a recollida de mobles ou electrodomésticos pode chamar ao número de teléfono 981 40 50 64 ou acudir á Casa do Concello. Este servizo é totalmente gratuíto.
Guía para a correcta reciclaxe dos residuos domésticos.
A degradación das paisaxes, a contaminación e o cambio climático son problemas vencellados á mala xestión dos residuos domésticos pero tamén ao uso abusivo de envases e embalaxes. O primeiro paso para solucionar estes problemas medioambientais pasa por consumir de xeito responsable.
A clave dunha correcta reciclaxe na casa pasa por saber separar correctamente os residuos e depositalos nos colectores axeitados.
Como depositar os residuos:
- Colector amarelo: Envases de plástico (de bebidas e alimentos, de produtos de hixiene e limpeza). Envases tipo brick (de leite, zumes, batidos,…). Envases metálicos (latas de refrescos, conservas, papel de aluminio). Films, bolsas de plástico.
Non deposites: Envases de cerámica, barro, nin materiais plásticos ou metálicos que non sexan envases.
- Colector azul: Todo tipo de papel usado: folios, libretas, envases de papel e cartón, xornais, revistas…, agás os que están manchados de graxa, panos ou outros materiais de papel de uso hixiénico. Non deposites: Papel plastificado nin de aluminio.
- Colector verde “iglú” para vidro: Deposita: Vidro de uso doméstico. Botellas, botes e tarros de vidro baleiros de líquidos.
Non deposites: As tapas e os tapóns, que deben ir ao colector amarelo. Tampouco bombillas, espellos, fiestras, parabrisas ou calquera outro obxecto que non sexa un envase de vidro.
- Colector verde para materia orgánica: Deposita: Materia orgánica. Restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.
- Colector laranxa:Deposita aceite de cociña usado (xirasol, oliva, millo…) e aceite de latas de conserva, sempre metido en botellas de plástico ben pechadas. Non deposites: aceite de motor ou mineral de ningunha clase. O aceite vexetal recollido será procesado polo propio Concello para producir biodiésel, co que funcionarán os vehículos do parque móbil municipal.
Podes descargar o díptico sobre conservación do medio ambiente aquí.
Podes descargar o díptico sobre reciclaxe aquí.