ACTUALIDADE

“D.E.P” da compañía teatral Malasombra, o vindeiro sábado 18 en Cariño

10 Novembro 2017

O vindeiro sábado 18 de novembro, ás 20 horas, no Auditorio Municipal e con entrada de balde, a compañía de teatro Malasombra porá en escea “D.E.P. Unha comedia de morte”.

Dita representación está incluida no circuito da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “.

D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA.

¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?

Como din os expertos: “Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”.

Ou como dicían as nosas avoas: “A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños”.

Isto é D.E.P. Unha comedia, claro.

D.E.P. É un espectáculo dirixido a un grande abano de públicos. Tanto a temática, o texto en si, como a posta en escena, resultará de interese a públicos de calquera idade, de diferentes clases sociais e culturais, ben sexa dun ámbito urbano ou rural.

Ficha artística

Elenco: Jouse García – Xoque Carbajal

Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez

Traducción e adaptación: Xoque Carbajal

Escenografía:  Kukas

Iluminación: Xulio Lago

Direccción:  Marcos Orsi

Xénero: Comedia

Clasificada: Adultos

Recomendada: A partir de 14 anos

Duración: 75 minutos