ACTUALIDADE

IV SABOREA CARIÑO

14 Outubro 2022

Aberto o prazo de inscrición de locais para participar no IV SABOREA CARIÑO, que terá lugar entre os días 16 e 18 de decembro.

Esta destinado aos establecementos hostaleiros e de restauración do ámbito municipal de Cariño en calquera das súas tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería, e que acepten estas bases.

Neste enlace podes descargar as BASES con toda a información.

Neste enlace podes descargar folla de inscrición en formato editable.

Podes realizar a inscrición a través da Sede Electrónica do Concello (https://sede.concellodecarino.gal/opencms/gl/) ou no Rexistro Xeral, ata o xoves 3 de novembro ás 14 horas.

Máis información no teléfono 981 405 064 ou no mail cultura@concellodecarino.gal