IV CONCURSO DE TAPAS SABOREA CARIÑO 2022

9 Decembro 2022
Do 16 ao 18 de decembro de 2022 celebrarase en Cariño a cuarta edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño 2022” no que os establecementos participantes amosarán a súa mellor gastronomía.
O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 16 de decembro e rematará ás 15:30 horas do domingo 18 de decembro. O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas.
Nesta cuarta edición serán 9 os establecementos participantes, que ofertarán polo prezo de 2 € tapas baseadas na gastronomía local ou de temporada. Os establecementos participantes son os seguintes:
BAHÍA CAFÉ & BLUES
Tapa: CALDEIRADA DE CONGRIO DE “LA PUREZA” CON CAUSA LIMEÑA
Rúa Balbis, 7 – Cariño

CERVECERÍA BITÁCORA
Tapa: CROQUETA PIXINA
Rúa Río das Areas, 2 – Cariño

CHIRINGUITO SAN XIAO
Tapa: PEDRA E BOLA
Estrada ao Cabo Ortegal, s/n – Cariño

MAREA RESTAURANTE
Tapa: EMPANADILLA DE BONITO Y MORCILLA
Rúa Balbis, 2 – Cariño

MARINEDA
Tapa: EMPANADA DE XOUBAS
Avda. Manuel Fraga Iribarne, 5 – Cariño

NORDESTE
Tapa: LES BOLINES
Rúa Río Sor, 11 – Cariño

O COMEZO
Tapa: SETIÑA
Avda. Constitución, 114 – Cariño

O PEIRAL
Tapa: PORCK & ROLL
Avda. Manuel Fraga Iribarne, 21 – Cariño

TABERNA BARDANCAS
Tapa: PRET – A- PAPAR 2.0
Avda. da Constitución, 158 – Cariño

O IV Saborea Cariño dispón dunha “app” específica para a ocasión. Baixo o nome de “Quedamos de tapas”, os usuarios que a descarguen –de balde tanto na App Store como na Play Store- poderán consultar os ingredientes dos platos, si conteñen alerxenos ou non e as localizacións dos locais participantes.

Os clientes que desexen participar no concurso poden optar aos premios que se sortearán entre todos os participantes que voten a “Mellor Tapa 2022” de Cariño. Participar é moi sinxelo :
– Visita os establecementos participantes.
– Degusta a tapa do concurso.
– Solicita que che selen o folleto de participación. Atoparás este folleto nos establecementos participantes.
– Obtén os 4 selos. Unha vez teñas os selos, enche os teus datos persoais e anota cal consideras que é a Mellor Tapa 2022.
– Vota utilizando o folleto de participación nas urnas situadas nos locais participantes.
Os premios, ofrecidos polos establecementos colaboradores, que se sortearán entre os clientes que emitan o seu voto de maneira correcta serán os seguintes:
1 Bag de Vermú galego ofrecido por Bahía Café & Blues
Xantar / Almuerzo – Cea / Cena para dúas persoas: ofrecido por Chiringuito San Xiao
Xantar / Almuerzo – Cea / Cena para dúas persoas: ofrecido por Marea Restaurante
Almorzo / Desayuno para 4 persoas: ofrecido por Marineda Café Bar
1 cachopo de xamón e queixo de Moeche e 1 botella de Rioja Bordón: ofrecido por Nordeste
Cea / Cena para dúas persoas: ofrecido por O Comezo
Cea / Cena para dúas persoas: ofrecido por O Peiral
Menú de temporada para dúas persoas (café e bodega aparte) ata o 8 de xaneiro de 2023: ofrecido por Taberna Bardancas
Os premios para os hostaleiros participantes serán os seguintes:
“Premio do público á Mellor Tapa 2022”, outorgado polo público participante, consistente nunha placa.
“Primeiro Premio do Xurado 2022“, outorgado por un xurado profesional, consistente nunha placa.
“Segundo Premio do Xurado 2022”, outorgado por un xurado profesional, consistente nunha placa.
Neste enlace podes descargar o tríptico con toda a información.
