III CONCURSO DE TAPAS SABOREA CARIÑO 2021
29 Novembro 2021
Do 3 ao 5 de decembro de 2021 celebrarase en Cariño a terceira edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño 2021” no que os establecementos participantes amosarán a súa mellor gastronomía.
O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 3 de decembro e rematará ás 15:30 horas do domingo 5 de decembro. O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas.
Nesta segunda edición serán 4 os establecementos participantes, que ofertarán polo prezo de 1,5 € tapas baseadas na gastronomía local ou de temporada. Os establecementos participantes son os seguintes:
TABERNA BARDANCAS
Tapa: Koñakrajoña
Avda. da Constitución, 158 – Cariño
NORDESTE
Tapa: El Fiu del Cachopo
Rúa Río Sor, 11 – Cariño
CERVECERÍA BITÁCORA
Tapa: Delicia de Otoño.
Rúa Río das Areas, 2 – Cariño
CHIRINGUITO SAN XIAO
Tapa: Arria Boia.
Estrada ao Cabo Ortegal, s/n – Cariño
O III Saborea Cariño dispón dunha “app” específica para a ocasión. Baixo o nome de “Quedamos de tapas”, os usuarios que a descarguen –de balde tanto na App Store como na Play Store- poderán consultar os ingredientes dos platos, si conteñen alerxenos ou non e as localizacións dos locais participantes.
Os clientes que desexen participar no concurso poden optar aos premios que se sortearán entre todos os participantes que voten a “Mellor Tapa 2021” de Cariño. Participar é moi sinxelo :
– Visita os establecementos participantes.
– Degusta a tapa do concurso.
– Solicita que che selen o folleto de participación. Atoparás este folleto nos establecementos participantes.
– Obtén os 4 selos. Unha vez teñas os selos, enche os teus datos persoais e anota cal consideras que é a Mellor Tapa 2021.
– Vota utilizando o folleto de participación nas urnas situadas nos locais participantes.
Os premios, ofrecidos polos establecementos colaboradores, que se sortearán entre os clientes que emitan o seu voto de maneira correcta serán os seguintes:
Xantar para dúas persoas valorado en 60€: ofrecido por Chiringuito San Xiao.
Xantar – Cea para dúas persoas: ofrecido por Nordeste.
1 botella de Verdejo de Rueda, 1 kg. de café en grano premium, 1 cuña de queixo ovella vello e 1 bote de crema de cecina: ofrecido por Taberna Bardancas.
Os premios para os hostaleiros participantes serán os seguintes:
“Premio do público á Mellor Tapa 2021”, outorgado polo público participante, consistente nunha placa.
“Primeiro Premio do Xurado 2021“, outorgado por un xurado profesional, consistente nunha placa.
“Segundo Premio do Xurado 2021”, outorgado por un xurado profesional, consistente nunha placa.
Neste enlace podes descargar o tríptico con toda a información.