ACTUALIDADE
II CONCURSO DE TAPAS SABOREA CARIÑO 2019
13 Decembro 2019
Do 20 ao 22 de decembro de 2019 celebrarase en Cariño a segunda edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño 2019” no que os establecementos participantes amosarán a súa mellor gastronomía.
Nesta segunda edición serán 8 os establecementos participantes, que ofertarán polo prezo de 1,5 € tapas baseadas na gastronomía local ou de temporada. Os establecementos participantes son os seguintes:
TABERNA BARDANCAS
Tapa: Coctelius Deliciosus
Avda. da Constitución, 158 – Cariño
NORDESTE
Tapa: Mar e Terra
Rúa Río Sor, 11 – Cariño
CERVECERÍA BITÁCORA
Tapa: Brandada de bacalao sobre hojaldre con gelatina de pimiento de piquillo y crujiente de bacalao.
Rúa Río das Areas, 2 – Cariño
MAREA RESTAURANTE
Tapa: Nuestra Carbonara
Rúa Balbis, 2
BAHÍA
Tapa: Albóndigas con salsa de chipirones, chocolate y almendra.
Rúa Balbís, 7
MARINEDA
Tapa: Tosta de Chicharrones
Avda. Manuel Fraga Iribarne, 5 – Cariño
O BARÓMETRO
Tapa: Mejillón en la Cumbre
Avda. Manuel Fraga Iribarne, 23 – Cariño
CHIRINGUITO SAN XIAO
Tapa: Mar Por Medio
Estrada ao Cabo Ortegal, s/n – Cariño
Unha das principais novidades desta edición é a creación dunha “app” específica para a ocasión. Baixo o nome de “Quedamos de tapas”, os usuarios que a descarguen –de balde tanto na App Store como na Play Store- poderán consultar os ingredientes dos platos, si conteñen alerxenos ou non e as localizacións dos locais participantes.
Os clientes que desexen participar no concurso poden optar aos premios que se sortearán entre todos os participantes que voten a “Mellor Tapa 2019” de Cariño. Participar é moi sinxelo :
– Visita os establecementos participantes.
– Degusta a tapa do concurso.
– Solicita que che selen o folleto de participación. Atoparás este folleto nos establecementos participantes.
– Obtén 4 selos diferentes. Unha vez teñas os selos, enche os teus datos persoais e anota cal consideras que é a Mellor Tapa 2019.
– Vota utilizando o folleto de participación nas urnas situadas nos locais participantes.
Os premios, ofrecidos polos establecementos colaboradores, que se sortearán entre os clientes que emitan o seu voto de maneira correcta serán os seguintes:
Cea para dúas persoas: ofrecido por Chiringuito San Xiao.
Xantar – Cea para dúas persoas: ofrecido por Marea Restaurante.
Dúas Botellas de Viño Rioja Reserva: ofrecido por Marineda
Cea para dúas persoas: ofrecido por Nordeste
Cea valorada en 40€: ofrecido por O Barómetro.
Menú Xantar para dúas persoas: ofrecido por Taberna Bardancas.
Os premios para os hostaleiros participantes serán os seguintes:
Premio do público á “Mellor Tapa do Público 2019”, outorgado polo público participante, consistente en diploma e placa.
“Primeiro Premio do Xurado 2019“, outorgado por un xurado profesional, consistente en diploma e placa.
“Segundo Premio do Xurado 2019”, outorgado por un xurado profesional, consistente en diploma e placa.
Moitas grazas a Foto Luismy (Rúa Rio das Areas, Cariño) pola súa colaboración.
Neste enlace podes descargar o tríptico con toda a información.