II PLAN DE IGUALDADE

O Pleno do Concello de Cariño, o 27 de novembro de 2015 aprobou, por unanimidade, a aprobación do II Plan de Igualdade, que podes ler aquí. Os principios reitores nos que se basea son:

  • Compromiso. Manifestación inequívoca da vontade política pola efectividade do dereito constitucional de igualdade entre mulleres e homes.
  • Principio de igualdade. Integración do principio de igualdade de trato e de oportunidades no conxunto das políticas municipais.
  • Non discriminación. Erradicación das situacións de desigualdade e/ou discriminación aínda existentes entre mulleres e homes.
 
  • Transversalidade. Principio orientador e transversal que ha de impregnar todas as políticas municipais.
  • Participación. Garantía desde a Administración municipal da presenza e participación cidadá no deseo, planificación, seguimento e avaliación das políticas municipais de igualdade.
  • Diversidade. Valoración dos distintos intereses e necesidades da poboación desde unha dobre perspectiva: como elemento de inclusión e desde o respecto diversidade como elemento clave para a igualdade entre a propia cidadana derivada de factores raciais, étnicos, culturais, sociais, económicos, de orientación sexual ou calquera outro.