ACTUALIDADE
I Concurso de Tapas Saborea Cariño 2018
Do 5 ao 9 de decembro de 2018
A vindeira ponte da Constitución e Inmaculada celebrarase en Cariño a primeira edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño 2018” no que os establecementos participantes amosarán a súa mellor gastronomía.
Nesta primeira edición serán 6 os establecementos participantes, que ofertarán polo prezo de 1€ tapas baseadas na gastronomía local ou de temporada. Os establecementos participantes son os seguintes:
- Taberna Bardancas
- Tapa: Ínsua Maior
- Avenida Constitución 158, Cariño
- Mesón Restaurante A Cepa
- Tapa: Bonito en Rolo con Prebe de Ameixas
- Avenida Constitución 102, Cariño
- Cervecería Bitácora
- Tapa: Carrilleiras con Cogomelos de Temporada con Crema de Pataca
- Rúa Río das Areas 2, Cariño
- Café Bahía
- Tapa: Bocata de Calamares
- Rúa Balbís 7, Cariño
- Mesón O Barómetro
- Tapa: Bacallau en Salsa de Piquillo
- Avenida Manuel Fraga Iribarne 23, Cariño
- Chiringuito S. Xiao,
- Tapa: Mar e Terra
- Estrada do Cabo Ortegal s/n, Cariño
Os clientes que desexen participar no concurso poden optar aos premios que se sortearán entre todos os participantes que voten a “Mellor Tapa 2018” de Cariño. Participar é moi sinxelo :
- Visita os establecementos participantes.
- Degusta a tapa do concurso.
- Solicita que che selen o folleto de participación. Atoparás este folleto nos establecementos participantes.
- Obtén 4 selos diferentes. Unha vez teñas os selos, enche os teus datos persoais e anota cal consideras que é a Mellor Tapa 2018.
- Vota utilizando o folleto de participación nas urnas situadas nos locais participantes.
Os premios, ofrecidos polos establecementos colaboradores, que se sortearán entre os clientes que emitan o seu voto de maneira correcta serán os seguintes:
–Xantar para dúas persoas valorado en 50€, ofrecido por Restaurante A Cepa
–Cea valorada en 50€, ofrecida por Mesón O Barómetro
–Almorzo Bardancas para dúas persoas, ofrecido por Taberna Bardancas
–1 Botella de Cair (D.O. Ribera del Duero), ofrecido por Chiringuito S. Xiao
Os premios para os hostaleiros participantes serán os seguintes:
-Premio do público á “Mellor Tapa do Público 2018”, outorgado polo público participante, consistente en diploma e placa
–“Primeiro Premio do Xurado 2018“, outorgado por un xurado profesional, consistente en diploma e placa
–“Segundo Premio do Xurado 2018”, outorgado por un xurado profesional, consistente en diploma e placa.
Moitas grazas a Foto Luismy (Rúa Rio das Areas, Cariño) pola súa colaboración.