ACTUALIDADE
O GALP A Mariña-Ortegal abre unha nova oficina de información en CARIÑO
29 Novembro 2019
O GALP A Mariña-Ortegal, co fin de facilitarlles aos promotores da zona do Ortegal o acceso á información sobre as convocatorias e requisitos das axudas e evitar que teñan que desprazarse ata a oficina de Viveiro, abre un punto de información en Cariño.
Para este fin, o Concello de Cariño puxo a disposición do GALP a Oficina de Desenvolvemento Local, sita na Casa do Concello, 2ª planta. O Servizo de información e asesoramento a posibles emprendedores, será levado a cabo pola Xerente do GALP (Mar López-Leitón) tódolos xoves de cada mes, con horario de 10:00 h. a 15:00 h., e comezará o xoves 5 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda remata o día 1 de marzo de 2020. Pódese solicitar cita para informarse sobre as nosas axudas no teléfono 606 56 85 06.