ACTUALIDADE

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA COLABOROU EN 2022 CON 135.752€ NA FINANCIACIÓN DE SERVICIOS SOCIAIS COMUNITARIOS.

1 Marzo 2023

A Deputación da Coruña colaborou cos Servizos Sociais do Concello de Cariño durante o pasado ano 2022 con 135.752€. Dito importe, correspondente á subvención para a Financiación de Servizos Sociais Comunitarios, foi destinado ao pago do salario da praza de Educación Familiar (técnica A1), de parte do salario do auxiliar administrativo do servizo, así como a unha parte das horas de axuda no fogar por libre concurrencia (7646 horas).