ACTUALIDADE
Proceso selectivo para a contratación como persoal laboral de tres operarios de servizos múltiples
28 Marzo 2019
No BOP de hoxe saen publicadas as Bases reguladoras para a contratación de tres operarios de servizos múltiples adscritos ó Servizo Municipal de Protección do Medio Ambiente e do Espazo Natural.
O mencionado contrato laboral terá unha duración de 5 meses.
As instancias para participar no proceso de selección presentaranse no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte á publicación no BOP.
Neste enlace podes ver as bases.