ACTUALIDADE
Á VIOLENCIA DE XÉNERO… DILLE NON!!
12 Decembro 2019
Xa podes visitar no Local Social da Casa do Concello a exposición Á VIOLENCIA DE XÉNERO… DILLE NON!!
Organizada polo Concello de Cariño en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, estará disponible ata o día 29 de decembro.
O horario de visita é de luns a domingo, de 10 a 13 e de 16 a 20 horas.
A exposición, composta de 11 paneis de 70 x 100 centímetros, pretende previr e sensibilizar, visibilizar e crear conciencia social na xuventude en contra da violencia de xénero. Así o explica na introducción: “Todas as formas de violencia de xénero aliméntanse do mesmo substrato: os estereotipos caducos e os mitos enganosos que os máis maiores criamos erradicados, e que desgraciadamente a poboación maís nova parece estar reporducindo de maneira preocupante”.
A entrada é de balde.