ACTUALIDADE
Estratexia de Sustentabilidade Ambiental. Memoria Resumo


O Concello elaborou unha estratexia coa que responder ao aumento do turismo e o consecuente aumento da demanda enerxética municipal.
Dito estudo, cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) pretende a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental que contribúan a mellorar o comportamento das entidades locais de Galicia fronte ao cambio climático, con base no estado ambiental actual, e que axuden á definición das mellores opcións de adaptación ao cambio climático.