EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
O Concello de Cariño conta cos seguintes servizos a disposición da cidadanía nas áreas de emprego e desenvolvemento local:
O servizo de emprego e desenvolvemento local está orientado, principalmente, ao traballo por conta propia realizando funcións como:
- Asesoramento a emprendedoras e emprendedores, informando dos pasos a seguir na creación de empresas e no desenvolvemento de plans de viabilidade.
- Información das diferentes subvencións, tanto as dirixidas a nov@s emprendedores/as, como a propietari@s de negocios en funcionamento.
- Asesoramento en Técnicas de Busca Activa de Emprego: busca da empresa, preparación de entrevistas de traballo…
- Apoio a promotores de empresas, unha vez constituídas estas, asesorándoos nas primeiras etapas de funcionamento das mesmas.
- Busca de recursos ociosos ou infrautilizados, así como iniciativas innovadoras co fin de identificar novas oportunidades empresariais de posibles emprendedores/as.
Poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego, en emprego@concellodecarino.gal ou no teléfono 981 405 064.
A oficina está no Concello de Cariño e o horario de atención é de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.