ACTUALIDADE

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA COLABOROU EN 2020 CON 117.512€ NA FINANCIACIÓN DE SERVICIOS SOCIAIS COMUNITARIOS.

22 Febreiro 2021

A Deputación da Coruña colaborou cos Servizos Sociais do Concello de Cariño durante o pasado ano 2020 con 117.512€. Dito importe, correspondente á subvención para a Financiación de Servizos Sociais Comunitarios, foi destinado ao pago do salario da praza de Educación Familiar (técnica A1), de parte do salario do auxiliar administrativo do servizo, así como a unha parte das horas de axuda no fogar por libre concurrencia (6126 horas).