DEPORTES

O Concello de Cariño conta con varias instalacións deportivas :

  1. POLIDEPORTIVO MUNICIPAL: é cuberto e conta con 2 vestiarios, ten pintadas as liñas para xogar a: Fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, bádminton, voleibol e hockey patíns. O seu horario de uso e o seguinte: de luns a venres de 9:00 -14:00 e de 16:00- 23:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Durante o período escolar pola maña utilizase paras as clases de educación física do CEIP Manuel Fraga Iribarne e os martes, xoves e venres polas tardes para escolas deportivas municipais.

O aluguer da instalación e de 2,50 euros/hora para usos deportivos e alugase no servizo de deportes (casa da cultura) no seu horario de apertura: de luns a venres de: 11:00-13:30 e de 16:30- 20:00. Para o aluguer da instalación hai que ser maior de idade e asinar o cumprimento das normas.

  1. PISTA DE PADEL: é descuberta e o seu horario de uso e o seguinte: de luns a venres de 9:00 -14:00 e de 16:00- 22:30 e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

O aluguer da instalación e de 4 euros/hora ata as 17:59 h., a partir das 18:00 h o aluguer e de 5 Euros/hora por uso de luz eléctrica. A pista de padel alugase no servizo de deportes (casa da cultura) no seu horario de apertura. Para o aluguer da instalación hai que ser maior de idade e asinar o cumprimento das normas.

  1. PISCINA MUNICIPAL: abre de luns a venres de 16:30 a 22:30 e os sábados de 10:30 a 14:00 horas, conta cunha piscina de 25 metros con 6 rúas e unha profundidade máxima de 1,65 metros, unha piscina pequena de 4,5×3,5 metros cunha profundidade de 1,05 metros, un jacuzzi, unha ducha bitérmica, un baño turco e unha sauna-infravermellos.

Os prezos da piscina son os seguintes :

  • Entrada libre:
  • Menores de 18 anos: 2 euros/ sesión.
  • 18 anos ou máis: 3,50 euros 7 sesión.
  • Bono : 10 entradas: 30 euros.
  • Socios ( matricula 20 euros).
  • Menores de 18 anos, 3º idade e discapacitados: 10 euros/mes.
  • Abono individual: 21 euros/ mes.
  • Abono familiar: 26 euros/mes.
  • Socios: 11 euros/mes.
  • Non socios: 22 euros/mes.

No período escolar 2019-2020 os cursos impártense os luns e mércores. Tamén hai aquagym os martes e xoves.

No seguinte enlace podes descargar o folleto da piscina municipal.

  1. PARQUES BIOSAUDABLES: están no paseo marítimo e non é necesario reserva.

Que son?

Os circuítos biosaudables son equipamentos para realizar exercicio físico ao aire libre que permiten manter a forma e previr diferentes doenzas.

Os aparellos que os compoñen están deseñados para a práctica de exercicio físico en persoas adultas, sendo especialmente recomendables para aquelas maiores de 60 anos ao permitirlles mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculatura de todo o corpo.

Para que están indicados?

Estes aparellos están deseñados para acadar unha vellez saudable, dinámica e autónoma. As vantaxes fundamentais dos circuítos biosaudables, desde o punto de vista dos/as profesionais do deporte, céntranse en que:

  1. Permiten realizar un exercicio físico que incide favorablemente sobro todos os compoñentes da condición física saudable das persoas maiores:
    Melloran a resistencia aeróbica porque son exercicios dinámicos que implican a grandes grupos musculares. Estes exercicios, combinados coa camiñada, son unha forma extraordinaria de mellorar a saúde cardiovascular.

Melloran a forza-resistencia das distintas rexións corporais, o que permite manter unha maior autonomía en actividades cotiás como: carrexar as bolsas da compra, subir e baixar escaleiras, coller en brazos a os/as netos/as…

Melloran a flexibilidade e mobilidade das articulacións; a amplitude de movementos que implica o uso destes aparatos facilita o mantemento e a recuperación desta capacidade que tan importante é de cara a manter a independencia en actividades habituais, tales como: atar os zapatos, poñer un abrigo, entrar na parte traseira dun coche…

  1. Permiten realizar un exercicio físico adaptado a este colectivo específico e de forma segura. Isto é importante porque se realiza sen supervisión.

Recomendacións xerais de uso:

  • Antes de empezar a usar estes aparatos, coméntallo ao teu médico.
  • É máis seguro e saudable o exercicio regular de intensidade moderada que os esforzos intensos, así que evita sempre estas situacións.
  • Como quecemento previo, camiña 30 minutos e a continuación rota as articulacións dos brazos e das pernas.
  • Durante o exercicio controla regularmente o pulso, pois se vai moi rápido hai que descansar ou baixar o ritmo.
  • Practica 3-4 veces por semana, xa que a actividade física debe ser regular e constante. En caso de suspender o programa durante un tempo, retómao de forma progresiva.
    Ao menor síntoma de dor, mareo, respiración arquexante ou dor de cabeza, cesa a actividade.
  • Hidrátate de forma correcta e bebe auga, antes, durante e despois de facer exercicio (non esperes a ter sede).
  • Segue as pautas referidas ao tempo de traballo ou ao número de repeticións recomendadas nos carteis instalados xunto a cada aparello.
  • Realiza os exercicios de estiramento recomendados despois de exercitarte en cada aparello.
  • Tras 4-5 semanas de exercicio regular e en función do nivel de forma que adquirises, podes probar a dar dúas voltas ao circuíto e máis tarde, mesmo tres.

Como usar cada un dos aparellos biosaudables?

  1. PISTAS MULTIDEPORTIVAS (Cariño e parroquias): non é necesario reserva.