ACTUALIDADE

Cursos de SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

15 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local, ofrece cursos de Salvamento e Socorrismo acuático en espazos naturais (febreiro 2021) e instalacións deportivas (setembro 2021). É obrigatoria a realización das dúas accións formativas. A formación realizarase no Centro de Formación da Cruz Vermella na cidade da Coruña e as prácticas en praias de concello da provincia.

A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, obtendo así a dobre titulación, iniciándose en primeiro lugar a formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais de xeito que as prácticas sexan coincidentes coa tempada de praias do ano en curso coa posterior incorporación, ao remate das mesmas, á formación en instalacións acuáticas.

Requisitos das persoas candidatas:

– Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
– Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
– Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes.
– Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
– Condicións físicas: Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

No caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición, é preciso superar probas de natación:

– Nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

Para ser persoa candidata, tes que presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cariño, antes das 14 horas do mércores 3 de febreiro, a seguinte documentación:

– Solicitude, debidamente cuberta e asinada.
– Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático.

Neste enlace podes descargar a solicitude en formato editable.

Neste enlace podes descargar o documento con toda a información.