ACTUALIDADE
CURSO DE DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB
05 Novembro 2018
A Deputación da Coruña, a través do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local, está a programar a impartición de accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Información e Comunicación que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:
DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)
Este itinerario e as accións formativas que contempla, vai dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados na primeira convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:
-Ter cumpridos 16 anos de idade.
-Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
-Estar inscrito no fondo de garantía xuvenil.
-Cumprir con algún dos seguintes requisitos de formación adscritos a este certificado de profesionalidade en concreto:
a) Estar en posesión do título de bacharelato para o acceso a formación de nivel 3.
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3 (certificación completa ou modular)
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e area profesional: Actividades Físicas e Deportivas, área prevención e recuperación.
d) Cumprir o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
f) Ter os coñecementos formativos e/ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamento nesta formación
A formación teórico- práctica realizarase nas instalaciónsque a empresa adxudicataria ten acreditadas en Arteixo, Asociación Agarimo, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección.
A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
As inscricións serán enviadas a Deputación pola técnica de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cariño.
Para máis información, poñédevos en contacto co departamento de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cariño, presencialmente nas nosas oficinas, por teléfono no número 981 40 50 64. ou a través da dirección de correo electrónico: emprego@concellodecarino.gal.