ACTUALIDADE

Curso de LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS

24 Febreiro 2021

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local, ofrece o curso de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, dentro do itinerario de Seguridade e Medio Ambiente. A formación teórico- práctica realizarase en Cerceda.

A data de inicio, prevista para mediados do mes de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección.

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do programa do certificado de profesionalidade de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

Requisitos das persoas candidatas:

Este itinerario e as accións formativas que contempla, vai dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados nas axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:

– Ter cumpridos 16 anos de idade.
– Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
– Cumprir cos requisitos de adscrición a este itinerario en concreto.

Para ser persoa candidata, tes que presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cariño, antes das 14 horas do xoves 4 de marzo, a seguinte documentación:

1. Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada.
2. Ficha de historial cumprimentado e asinado da persoa candidata e CV formativo e profesional.
3. DNI por ámbalas dúas caras.
4. Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social.
5. Certificado/volante actualizado de empadroamento.
6. Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego).
7. Documento académico que acredite o requisito de acceso.
8. Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema).

Neste enlace podes descargar a solicitude en formato editable.

Neste enlace podes descargar o documento con toda a información.