ACTUALIDADE
CURSO COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS
18 Outubro 2018
A Deputación da Coruña, a través do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local, está a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3: COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio)
PERSONAS BENEFICIARIAS DA FORMACIÓN.
Este itinerario e as accións formativas que contempla, vai dirixido a persoas mozas que reúnan os requisitos especificados na primeira convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xove (axudas AP_POEJ), todas elas menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e no integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove, e que ademais cumpren os seguintes requisitos:
Ter cumpridos 16 anos de idade.
Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. PO_POEJ 4
Estar inscrito no fondo de garantía xuvenil.
Cumprir con algún dos seguintes requisitos de formación adscritos a este certificado de profesionalidade en concreto:
a) Estar en posesión do título de bacharelato para o acceso a formación de nivel 3.
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3 (certificación completa ou modular)
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e area profesional: Actividades Físicas e Deportivas, área prevención e recuperación.
d) Cumprir o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
f) Ter os coñecementos formativos e/ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamento nesta formación
A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O prazo de inscrición péchase o MÉRCORES14 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.
As inscricións serán enviadas a Deputación pola técnica de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cariño.
Para máis información, poñédevos en contacto co departamento de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cariño, presencialmente nas nosas oficinas, por teléfono no número 981 40 50 64. ou a través da dirección de correo electrónico: emprego@concellodecarino.gal.