CULTURA
O Departamento de Cultura está situado no segundo andar da Casa do Concello. Os datos de contacto son os seguintes:
Mail: cultura@concellodecarino.gal
Teléfono: 981 405 064
O Departamento de Cultura do Concello de Cariño organiza cada ano unha serie de obradoiros culturais destinados a persoas de todas as idades, desde os 3 anos en adiante, entre os que podes atopar manualidades, pintura, informática, contacontos, etc.
Ademáis, ó longo do ano organiza concertos, exposicións, presentacións de libros e revistas das que terás debida conta na sección de novas desta web.
Cabe destacar o ciclo Cinemas de Galicia e a Mostra de Teatro Galego de Cariño.
CINEMAS DE GALICIA
Cinemas de Galicia é un programa de AGADIC, en colaboración co Concello, que pretende achegar o cine europeo e galego a Cariño.
Cariño forma parte do programa xunto con nove concellos máis de toda Galicia: Allariz, As Pontes, Cedeira, Celanova, Foz, Ortigueira, o Carballiño, O Grove e Verín.
As proxeccións teñen lugar no Auditorio Municipal os sábados a partir das 19.30 horas. O custe da entrada é de 3€.
A programación para o primeiro período de 2018 é a seguinte:
MOSTRA DE TEATRO GALEGO DE CARIÑO
A Mostra de Teatro de Cariño cumpre no vindeiro ano 2018 o seu 40 Aniversario. É, xunto coa de Ribadavia, a máis antiga de Galicia. Segue sendo un dos eventos máis sinalados da programación teatral galega, pola súa regularidade e constancia e pola calidade de programación.
Pola Mostra de Teatro de Cariño pasaron, sen excepción, todas as grandes compañías da historia do teatro galego. A industria teatral galega foi desenvolvendose á par que a Mostra evolucionaba e ampliaba a súa oferta. Os actores e actrices, técnicos, directores, músicos, etc, da escea galega fogueáronse en Cariño; é difícil atopar nos oficios do teatro profesional de longo percorrido quen non acudira nunca a unha das súas edicións ao longo de todos estes anos.
Foi no ano 1978 cando os Grupos de Teatro de Cariño “Malveira” e “As Traíñas”, xunto coa Comisión de Festas, organizan o PRIMEIRO FESTIVAL DE TEATRO GALEGO DE CARIÑO no que participan os seguintes grupos:
– 19 de agosto: “As Traíñas” de Cariño, coa obra “Ledaíñas pola morte do Meco” de Roberto Vidal Bolaño.
– 20 de agosto: “Troula” da Coruña coa obra “O Velorio” de F. Taxes.
– 21 de agosto: “Antroido” de Santiago coa obra “Laudamuco Señor de Ningures” de Roberto Vidal Bolaño.
Neste enlace podes obter información actualizada sobre a Mostra.