ACTUALIDADE

Concurso Escaparates Nadal 2019 / 2020

19 Novembro 2019

O Concello de Cariño convoca para éste ano 2019, con motivo das Festas de Nadal, un CONCURSO DE ESCAPARATES, que se rexerá de acordo coas seguintes bases:

  1. Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais ubicados no Concello de Cariño, previamente inscritos, que posúan un escaparate e o decoren, seguindo criterios artísticos, técnicos e comerciais.
  2. A temática fará alusión ó Nadal, tendo total liberdade no referente a técnica e estilo. Deberá conter e facer alusión aos produtos de venda no propio local.
  3. A decoración debe estar instalada dende a tarde noite do 5 de decembro, e exposta ata o luns 6 de xaneiro. Durante os días de exposición deberán estar iluminados durante o horario comercial e, como mínimo, ata as 22 horas.
  4. A INSCRICIÓN será totalmente gratuíta e farase na Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas, no teléfono 981 405 064 ou no mail cultura@concellodecarino.gal, indicando o nome do establecemento, persoa responsable, dirección, teléfono, correo electrónico e dirección de redes sociais e páxina web en caso de telas, ANTES DO VENRES 29 DE NOVEMBRO.
  5. Para a valoración dos decorados, teranse en conta os seguintes aspectos: Calidade, Imaxe Comercial e presentación do produto, Creatividade, Orixinalidade, Elegancia, Iluminación, Modernidade e innovación, etc.
  6. No concurso participarán dous xurados. Un popular, con votacións a través de facebook, e outro profesional composto por varias persoas cualificadas profesionalmente escollidas pola organización.
  7. Votación popular. O proceso de votación popular realizarase a partir do momento no se suban as fotos de cada escaparate ao Facebook do Concello de Cariño e ata o día 4 de xaneiro. O escaparate que máis ME GUSTA obteña será proclamado gañador do PREMIO DO PÚBLICO.
  8. Cómo votar? Procederase ao voto no Facebook do Concello de Cariño, nun álbum creado ao efecto con todas as fotos dos escaparates participantes. Cada persoa poderá votar a un só escaparate. Se unha persoa da a ME GUSTA a máis de unha foto, non contará o voto en ningunha.
  9. O xurado visitará os escaparates participantes. Realizará unha valoración de cada un seguindo os criterios descritos no punto 5. O escaparate que obteña a valoración máis alta será proclamado gañador do PREMIO DO XURADO. O fallo do xurado é inapelable, sendo posible que declare deserto o premio.
  10. Os premios do PÚBLICO e do XURADO consistirán nun diploma acreditativo de vencedor deste concurso e publicidade entre os distintos medios de comunicación (prensa, páxinas web…).
  11. A participación neste Concurso supón a aceptación total das bases, así como a decisión dos xurados, quedando excluído todo aquel participante que as incumpra.