ACTUALIDADE

CAMPAMENTOS URBANOS DE CONCILIACIÓN. VERÁN 2023

14 Xuño 2023

Entre o 3 de xullo e o 1 de setembro (inscrición por semanas), o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbano de Conciliación, para nen@s entre 3 e 16 anos.

Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 46 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases.

As inscricións realizaranse a través da Sede Electrónica ou na Casa do Concello, do xoves 15 ata o mércores 21 de xuño, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Requisito solicitar cita previa no teléfono 981 405 064.

O custe por asistente e semana é de 20 € (15€ para o segundo irmán e 12€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).

Neste enlace podes ver as bases.

Neste enlace podes descargar a documentación a presentar en formato editable.