ACTUALIDADE
CAMPAMENTOS URBÁNS DE CONCILIACIÓN. NADAL 2021 – 2022
24 Novembro 2021
Entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro, o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbán de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.
Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 36 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases.
As inscricións realizaranse na Casa do Concello, ata o venres 3 de decembro, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Requisito solicitar cita previa no teléfono 981 405 064.
O custe por asistente e para os 8 días da actividade é de 24 € (18€ para o segundo irmán e 14€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).