CAMPAMENTOS URBANOS DE CONCILIACIÓN. VERÁN 2022
27 Maio 2022
Entre o 4 de xullo e o 2 de setembro (inscrición por semanas), o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbano de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.
Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 36 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases.
As inscricións realizaranse na Casa do Concello, ata o martes 7 de xuño, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Requisito solicitar cita previa no teléfono 981 405 064.
O custe por asistente e semana é de 20 € (15€ para o segundo irmán e 12€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).
Neste enlace podes ver as bases.
Neste enlace podes descargar a documentación a presentar en formato editable.