ACTUALIDADE
CAMPAMENTOS URBÁNS DE CONCILIACIÓN. VERÁN 2021
21 Xuño 2021
Entre o 5 de xullo e o 27 de agosto, o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbán de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.
Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 30 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados por riguroso orde de inscrición.
As inscricións realizaranse na Casa do Concello, do 22 ata o 28 de xuño, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Requisito solicitar cita previa no teléfono 981 405 064.
O custe por asistente e semana é de 20 € (15€ para o segundo irmán e 12€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).
Neste enlace podes descargar a instancia en formato editable.