CAMPAMENTOS URBÁNS DE CONCILIACIÓN. SEMANA SANTA 2022
31 Marzo 2022
Os días 11, 12, 13 e 18 de abril, o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbán de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.
Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 36 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases.
As inscricións realizaranse na Casa do Concello, ata o xoves 7 de abril, entre as 09.00 e as 14.00 horas. Requisito solicitar cita previa no teléfono 981 405 064.
O custe por asistente é de 16 € (12€ para o segundo irmán e 9€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).
Neste enlace podes ver as bases.
Neste enlace podes ver un Decreto de modificación das bases.
Neste enlace podes descargar a documentación a presentar en formato editable.