CAMPAMENTOS URBANOS DE CONCILIACIÓN. NADAL 2022 – 2023

15 Novembro 2022
Entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro, o Concello de Cariño organiza un Campamento Urbán de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.
Terá lugar de 09.30 a 14.30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas están limitadas a 36 participantes, divididos en tres grupos segundo as idades, sendo asignados seguindo os criterios establecidos nas bases.
As inscricións realizaranse por sede electrónica ou na Casa do Concello, ata o martes 29 de novembro, entre as 09.00 e as 14.00 horas.
O custe por asistente e para os 9 días da actividade é de 25 € (19€ para o segundo irmán e 15€ para o terceiro e seguintes irmáns anotados).
Neste enlace podes ver as bases.
Neste enlace podes descargar a documentación a presentar en formato editable.
