ACTUALIDADE

Concello Dixital. Charlas personalizadas sobre a Sede Electrónica e SUBTEL

05 Febreiro 2020

Queres usar a oficina electrónica do Concello de Cariño e non sabes como facelo? Tes dúbidas sobre como solicitar subvencións ao Concello ou á Deputación?

Novo servizo de información sobre a Sede Electrónica do Concello e sobre a solicitude de subvencións en SUBTEL.

O noso axente dixital estará na Casa do Concello os vindeiros días 7 e 18 de febreiro, entre as 10 e as 12 horas, para atender as túas dúbidas.

Ven e pregunta o que necesites!

Máis información na Casa do Concello ou no teléfono 981 405 064.