ACTUALIDADE

Volve Cinemas de Galicia a Cariño

30 Agosto 2017

Neste segundo semestre podemos disfrutar do programa Cinemas de Galicia no Concello de Cariño.

Cinemas de Galicia é un programa de AGADIC, en colaboración co Concello, que pretende achegar o cine europeo e galego a Cariño. Trátase, en definitiva, de facilitarlle ao público cariñés a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais.

Cariño forma parte do programa xunto con nove concellos máis de toda Galicia: Allariz, As Pontes, Bueu, Cedeira, Celanova, Foz, Ortigueira e O Grove.

As proxeccións, neste segundo período, teñen lugar no Auditorio Municipal os sábados a partir das 19.30 horas. O custe da entrada é de 3€.

A programación para o segundo período de 2017 é a seguinte: