ACTUALIDADE
O vindeiro 5 de maio arranca CINEMAS DE GALICIA en Cariño
23 Abril 2018
Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Cariño forma parte do programa Cinemas de Galicia.
Cinemas de Galicia é un programa de AGADIC que, en colaboración co Concello, pretende achegar o cine europeo e galego a Cariño.
Cariño forma parte do programa xunto con nove concellos máis de toda Galicia: Allariz, As Pontes, Cedeira, Celanova, Foz, Ortigueira, o Carballiño, O Grove e Verín.
As proxeccións teñen lugar no Auditorio Municipal os sábados a partir das 19.30 horas. O custe da entrada é de 3€.
A programación para o primeiro período de 2018 é a seguinte:
“MOITOS FILLOS, UN MONO E UN CASTELO”.
Sábado 5 de maio, ás 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada: 3€
Cando o menor dos seus fillos se decata de que a súa nai perdeu a vértebra da súa bisavoa asasinada, gardada ao longo de tres xeracións, a familia emprende unha divertida procura entre os máis peculiares e estraños obxectos que Julita foi acumulando ao longo dos seus máis de oitenta anos, mostrándonos unha áxil e graciosa galería de personaxes
Documental / 88 minutos / 2017 / España / Todos os públicos
Director: Gustavo Salmerón
Con Julia Salmerón, Gustavo Salmerón
Festivais e premios:
Premios Goya 2018. Premio á mellor película documental.
Festival Karlovy Vary 2017. Premio ao mellor documental.
Tráiler:
“A LIBRERÍA”
Sábado 19 de maio, ás 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada: 3€
A finais dos anos 50 Florence Green decide facer realidade un dos seus maiores soños: abandonar Londres e abrir unha librería nun pobo da costa británica
Drama / 110 minutos / 2017 / España, Gran Bretaña, Alemaña / Maiores 12 anos
Directora: Isabel Coixet
Con Emily Mortimer, Bill Nighy, Patricia Clarkson
Festivais e premios:
Premios Goya 2018. Premios á mellor película, mellor dirección e mellor guión adaptado.
Tráiler:
“O FILLO DE BIGFOOT”
Sábado 2 de xuño, ás 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada: 3€
O mozo e simpático Adam emprende unha misión épica para intentar descubrir o misterio que esconde a desaparición do seu pai: e descobre que o seu pai é nada menos que o lendario Bigfoot. Adam rapidamente se dá conta de que el tamén está dotado dun ADN especial, cuns superpoderes que xamais imaxinaou.
Animación / 88 minutos / 2017 / Bélxica / Todos os públicos
Directores: Ben Stassen, Jeremy Degrusson
Tráiler:
“O AUTOR”
Sábado 9 de xuño, ás 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada: 3€
Álvaro quere ser escritor, pero todo o que escribe é falso, pretencioso, insípido. Traballa como escribente nunha notaría de Sevilla e a súa vida é gris, coloreada só polos seus soños. A súa muller, Amanda, é todo o contrario. Sempre ten os pés na terra e nunca soñou con ser escritora. Con todo, é ela a que se pon a escribir e sáelle un best-seller.
Drama / 112 minutos / 2017 / España / Maiores 16 anos
Directores: Manuel Martín Cuenca
Con Javier Gutiérrez, María León, Antonio de la Torre
Festivais e premios:
Premios Feroz 2018. Premios ao mellor actor e mellor actriz de reparto.
Premios Goya 2018. Premios ao mellor actor e mellor actriz de reparto.
Tráiler: