ACTUALIDADE

Cine na Rúa 2017

24 Xullo 2017

Por segundo ano consecutivo podemos desfrutar do programa CINE NA RÚA 2017. Dito programa, levado a cabo en colaboración co programa VISIÓNS da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ofrécenos as seguintes películas:

  • Luns 7 de agosto de 2017: “LOS MINIONS”.
  • Martes 8 de agosto de 2017: “ATRAPA LA BANDERA”.
  • Luns 21 de agosto: “MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO”.
  • Martes 22 de agosto: “DEL REVÉS”.

As proxeccións terán lugar na Praza da Pulida, a partir das 22.30 horas. En caso de mal tempo, trasladarase ao Auditorio Municipal.

Directores: PIERRE COFFIN, KYLE BALDA

Xénero: animación.

Metraxe: 91 minutos.

Cualificación: todos os públicos

A historia dos Minions remóntase ao principio dos tempos. Empezaron sendo organismos amarelos unicelulares que evolucionaron a través do tempo, poñéndose sempre ao servizo dos amos máis despreciables. Ante a súa incapacidade para manter a eses amos, desde o T. Rex a Napoleón, os Minions acaban atopándose sós e caen nunha profunda depresión. Con todo, un deles, chamado Kevin, ten un plan. Acompañado polo rebelde Stuart e o adorable Bob, emprende unha emocionante viaxe para conseguir unha xefa a quen servir, a terrible Scarlet Overkill. Pasarán da xeada Antártida, á cidade de Nova York nos anos sesenta, para acabar no Londres da mesma época, onde deberán enfrontarse ao maior reto ata a data: salvar á raza Minion da aniquilación.

Director: Enrique Gato

Xénero: Debuxos animados

Cualificación: Todos os públicos

Metraxe: 91 minutos.

Richard Carson, un ambicioso multimillonario, quere apropiarse do satélite terrestre e explotar a fonte de enerxía limpa e real do futuro, o Helio 3. Para iso, deberá borrar da Historia a xesta dos astronautas do Apolo XI e os seus famosos primeiros pasos pola Lúa, algo que o 40% da poboación mundial cre que é mentira. E o único capaz de impedir que se salga coa súa é un simpático e decidido surfero de 12 anos, Mike Goldwing. Coa axuda dos seus amigos -o friki Marty, a futura xornalista Amy e un pequeno lagarto con aspiracións de ser Godzilla-, viaxan á Lúa acompañados polo avó de Mike, un antigo astronauta que leva anos distanciado da súa familia. Agora está nas mans de Mike non só salvar o futuro da Terra, senón o da súa propia familia.

Director: Ernesto Padrón

Xénero: Animación

Nacionalidad: Galicia e Cuba – 2014

Metraxe: 75 minutos.

Maimiño é a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos e o encontro co Espello Máxico, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello Máxico revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto a seus irmáns.

De camiño á cidade, Maimiño dáse conta de que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei na escuridade e sen auga. Maimiño sorpréndese ao comprobar que a princesa é a “media laranxa” que lle mostrou o Espello Máxico.

Arredor da cidade, unha enorme favela é o fogar dos pobres, e unha misteriosa ladroa rouba no palacio para repartilo botín entre os seus habitantes. Ela tamén roubará o corazón de Maimiño e porá en dúbida a predición do Espello Máxico.

Directores: Pete Docter, Ronnie del Carmen

Cualificación: todos os públicos

Xénero: Dibujos animados Walt Disney/Pixar

Metraxe: 94 minutos

Riley é unha moza que goza ou padece toda clase de sentimentos. Aínda que a súa vida estivo marcada pola alegría, tamén se ve afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por que motivo ten que existir a tristeza na súa vida. Unha serie de acontecementos fan que a alegría e a tristeza mestúrense nunha perigosa aventura que dará un envorco ao mundo de Riley.