ACTUALIDADE

CARLOS BLANCO presenta OS MELLORES MONÓLOGOS

11 Decembro 2019

Organizado por Con De Tres Pés, o vindeiro sábado 18 de xaneiro, a partir das 20 horas, no Auditorio Municipal. Non recomendado a menores de 13 anos.

Difícil escoller, pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus mais coñecidos monólogos. As bravas da Arousa (queres kiwis?), a dobraxe porno, galizara, as grandes frases das nosas avoas e avós… 60 minutos de risas garantizadas, porque Carlos introduce ademáis cada noite elementos de actualidade e improvisación. Carlos adapta, xoga, fai jazz coa palabra e resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis ca terapéutica. O mellor do mellor. Os monólogos escollidos de Carlos Blanco. 30 anos de traxectoria resumidos, barallados, disfrutados cada noite.

O prezo da entrada é de 10€, que podes adquirir no Local Social da Casa do Concello ou o mesmo día en billeteira ao prezo de 12€.

Inicio