ACTUALIDADE
Cariño Informa

13 Decembro 2019
Nestas datas nas que se suceden os eventos, se queres estar informado de forma inmediata de canto acontece no Concello de Cariño, a aplicación “CARIÑO INFORMA” é a ferramenta que precisas.
Aínda non o empregas? A que agardas?. Xa somos máis de 950 veciños/as os que facemos uso dela!!!
Dende o pasado mes de marzo de 2018 o Concello de Cariño abreu unha nova vía de comunicación coa veciñanza: a aplicación “Cariño Informa”.
Trátase dunha ferramenta dixital que permite que tanto a veciñanza como os visitantes reciban directamente no seu teléfono, de forma áxil e inmediata, toda a información que o Concello de Cariño publica.
Eventos, novas, avisos de urxencia ou comunicados de interese (entre outras cousas) son achegados a todas as persoas que descargan a App. Se aínda non contas con ela no teu teléfono, podes facelo gratuitamente tanto se usas Android ou iOS.
Para #Android chega con buscar as palabras “Cariño Informa” no buscador do Play Store. No caso de ser usuario de #iOS tes que buscar o termo “Bandomovil” no Apple Store, e logo seleccionar Cariño.
Anímate a facelo, e a comentar a iniciativa a outros veciños. Non perderás detalle!
