CAMPAÑA DE VELA 2022
31 Maio 2022
Organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Cariño, terá lugar entre o 18 e o 22 de xullo, en dúas quendas:
– Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas. – Grupo B pola tarde de 16.00 a 20.00 horas.
Vai dirixida a nenos/as empadroados na provincia, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013, ambos inclusive. É imprescindible que saiban nadar.
Cota de Inscrición: 25€ que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña.
Podes solicitar información ou realizar a túa inscrición, ata o 30 de xuño, no DEPARTAMENTO DE DEPORTES do Concello de Cariño, ubicado na Casa de Cultura (teléfono 981 420 216). Para formalizar a túa inscrición debes entregar a seguinte documentación:
– Certificado de empadroamento. – Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai, nai ou titor/a da persoa solicitante. – Fotocopia do DNI, ou do libro de familia. – Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do Concello). – No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
Programa:
– Iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela. – Iniciación aos coñecementos básicos dos nós mariños. – Realización práctica de navegación a vela.
Neste enlace podes descargar o folleto con toda a información.