ACTUALIDADE

CAMPAÑA DE VELA E WINDSURF 2021

01 Xuño 2021

Organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Cariño, terá lugar entre o 5 e o 9 de xullo, en dúas quendas:

– Grupo A pola mañá de 10.00 a 14.00 horas.
– Grupo B pola tarde de 16.00 a 20.00 horas.

Vai dirixida a nenos/as empadroados na provincia, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012, ambos inclusive. É imprescindible que saiban nadar.

Cota de Inscrición: 25€ que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña.

Podes solicitar información ou realizar a túa inscrición, ata o 18 de xuño, no DEPARTAMENTO DE DEPORTES do Concello de Cariño, ubicado na Casa de Cultura (teléfono 981 420 216). Para formalizar a túa inscrición debes entregar a seguinte documentación:

– Certificado de empadroamento.
– Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai, nai ou titor/a da persoa solicitante.
– Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
– Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do Concello).
– No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

Programa:

– Iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela.
– Iniciación aos coñecementos básicos dos nós mariños.
– Realización práctica de navegación a vela.

Neste enlace podes descargar o folleto con toda a información.