ACTUALIDADE

PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES

30 Xuño 2020

Convocatoria e creación dunha BOLSA DE EMPREGO para a contratación laboral temporal, a través do sistema selectivo de OPOSICIÓN, de OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES.

Enténdese por bolsa de emprego un sistema de selección para a cobertura das necesidades temporais de persoal. A bolsa estará formada por unha lista na que os/as aspirantes que superen o correspondente procedemento de selección figurarán por orde de valoración no chamamento, orde que virá establecida en función da puntuación obtida no proceso de oposición. De cada aspirante consignarase o seu nome e apelidos, documento nacional de identidade ou equivalente, teléfonos de contacto, correo electrónico e puntuación obtida. En ningún caso a mera pertenza á bolsa implicará dereito algún a obter nomeamento ou contrato laboral, garantíndose unicamente que, cando o Concello de Cariño considere conveniente a súa utilización, polos motivos que fosen, respectarase o procedemento de chamamento regulado nestas bases. É dicir, os integrantes da mesma unicamente serán titulares dunha expectativa de dereito a ser contratados temporalmente, por orde de puntuación.

A presente bolsa de emprego permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2022, agás que se aprobe con anterioridade unha nova bolsa para os mesmos postos de traballo.

As instancias para participar no proceso de selección dirixiranse á Alcaldía-Presidencia da Corporación, segundo modelo de declaración responsable que se establece no Anexo I. As solicitudes presentaranse no prazo de DEZ DÍAZ HÁBILES, contados desde o día seguinte ao do anuncio da convocatoria e publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Neste enlace podes descargar as bases do proceso selectivo.

Neste enlace podes descargar o Anexo I en formato editable.