BOLSA DE EMPREGO: TRABALLADOR/A SOCIAL. BASES
03 Febreiro 2022
Publicadas no BOP de hoxe as bases do proceso selectivo para a cobertura como persoal laboral dunha praza de Traballador/a Social, á vista da proximidade da maternidade da titular, así como as sucesivas continxencias que dela se deriven: lactancia, vacacións, etc…e unha lista de agarda para a cobertura de baixas médicas, vacacións, excedencias, permisos ou carga de traballo do persoal contratado.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 17 de febreiro de 2022.
Neste enlace podes descargar as bases.
Neste enlace podes descargar o modelo de instancia en formato editable.