ACTUALIDADE

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, EDUCATIVAS E DEPORTIVAS 2019

02 Outubro 2019

Publicadas no BOP de hoxe as bases que rexerán a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades
culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,…) que se
realicen no Concello de Cariño durante o ano 2019, destinados ós/ás alumnos/as empadroados/as e
escolarizados/as nos seguintes cursos:

– Infantil (3, 4 e 5 anos).
– Educación Primaria.
– Educación Secundaria Obrigatoria.
– Bacharelato.

O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas no eido
da cultura, educación e deporte.

Neste enlace podes ver as bases.

O prazo para solicitar as axudas remata o martes 22 de outubro.

Para recibir máis información, podes poñerte en contacto con nós no Departamento de Servizos Sociais (Casa
do Concello), no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico servizossociais@concellodecarino.gal.

Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar