Aberto o prazo de solicitude de axudas destinadas ás asociacións sen ánimo de lucro do Concello de Cariño
No BOP de hoxe saen publicadas as bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións para entidades sen fin de lucro do concello de Cariño para este ano 2017.
Neste enlace podes ver o texto completo das bases.
Aquí podes descargar os Anexos en formato editable.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas anteditas bases, as asociacións e entidades validamente constituidas sen fin de lucro, que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Cariño e realicen actividades de interese municipal.
Finalidade. Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización das actividades seguintes:
- Promoción e cooperación cultural nos seus distintos ámbitos.
- Promoción e cooperación no deporte e nas actividades de lecer.
- En xeral, as que perseguen un interese social ou son de utilidade pública.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 25 de outubro de 2017 incluído.
Podes obter máis información no Servizo de Emprego (segundo andar da Casa do Concello), no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico emprego@concellodecarino.com