ACTUALIDADE

Cariño destina 60.000€ para axudar a novos emprendedores e a colaborar na creación de emprego a través do programa “Cariño Emprende”

05 Outubro 2017

No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe saen publicadas as bases do programa “Cariño Emprende”, que rexerán o proceso de concesión de axudas á creación de empresas, fomento do emprego e desenvolvemento do tecido empresarial.

Neste enlace podes ver o texto completo das bases.

Finalidade. Incentivar a actividade económica e a xeración de emprego no termo municipal a través dos seguintes programas:

  • Programa I: Axudas municipais á creación de empresas.
  • Programa II: Axudas municipais á contratación.
  • Programa III: Axudas municipais á mellora do tecido empresarial.

Beneficiarios:

  • Programa I: Calquera persoa física ou xurídica cun novo proxecto empresarial, sexa autónoma individual, autónoma colaboradora ou autónoma integrada nunha sociedade civil, mercantil, sociedade laboral ou comunidade de bens que cumpra os requisitos establecidos nas bases.
  • Programas II e II: Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Poderase presentar solicitude e ser beneficiario/a de dous programas de axudas, só se poderá concorrer a unha solicitude por programa e persoa/empresa/entidade beneficiaria.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 25 de outubro de 2017 incluído.

Podes obter máis información no Servizo de Emprego (segundo andar da Casa do Concello), no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico emprego@concellodecarino.com