Bases da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro do ano 2022.
14 Novembro 2022
Publicadas no BOP de hoxe as bases reguladoras de subvencións e axudas para entidades sen fin de lucro 2022. Unha liña de axudas dotada con 18.000 euros de orzamento que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá nas distintas actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e outras de utilidade pública.
O goberno local convoca esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, acreditando como gastos subvencionables inversións e os gastos correntes derivados da adquisición de bens e servizos. A axuda máxima será de 1.500 euros e en ningún caso o importe da subvención poderá superar o 80% dos gastos.
O prazo para formalizar as solicitudes é de 15 días hábiles (ata o 5 de decembro) a partir do seguinte á publicación das bases no BOP e deberá presentarse exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello de Cariño. Poderán solicitar a subvención as asociacións e entidades sen fin de lucro que estean rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións ou que teñan feita a solicitude para a súa inclusión.
Para recibir máis información, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico concello@concellodecarino.gal.
Neste enlace podes descargar as bases completas do procedemento.
Neste enlace podes descargar os anexos en formato editable.
2022/12/19 ANUNCIO RESOLUCIÓN AXUDAS
NESTE ENLACE PODES DESCARGAR O ANUNCIO DE RESOLUCIÓN DE AXUDAS.