ACTUALIDADE

Bases da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro ano 2019

20 Novembro 2019

Publicadas no BOP de hoxe o extracto das bases reguladoras de subvencións e axudas para entidades sen fin de lucro.

O obxecto destas bases consiste no establecemento de medidas que fomenten a participación cidadá en distintas actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e outras de utilidade pública. As actividades subvencionables son as seguintes:

– Promoción e cooperación cultural nos seus distintos ámbitos.
– Promoción e cooperación no deporte e nas actividades de lecer.
– En xeral, as que perseguen un interese social ou son de utilidade pública.

O prazo para solicitar as axudas remata o 10 de decembro.

Para recibir máis información, podes poñerte en contacto con nós na Casa do Concello, no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico concello@concellodecarino.gal.

Neste enlace pode descargar o anuncio no BOP.

Neste enlace pode descargar as bases das subvencións a entidades sen fin de lucro 2019.

Neste enlace pode descargar os Anexos de solicitude e xustificación da convocatoria pública de subvencións para entidades sen fin de lucro do Concello de Cariño 2019, versión editable.