Apertura Piscina Municipal
13 Xuño 2020
A partir do vindeiro luns, 15 de xuño, a PISCINA MUNICIPAL abrirá as súas portas. Debido á situación provocada polo covid-19, nun principio non terá todos os servizos disponibles, hai que solicitar cita previa e establécese un tempo máximo de estancia na mesma. As medidas son as seguintes:
– A piscina abre no seu horario habitual de luns a venres de 16:30 a 22:30 e os sábados de 10:30 a 14:00 e só se pode utilizar as piscinas grande e pequena. O jacuzzi, a sauna, a ducha bitérmica e o baño turco permanecen pechados.
– É necesario coller cita previa e os horarios son: de luns a venres de 16:30 a 17:30, de 17:45 a 18:45, de 19:00 a 20:00, de 20:15 a 21:15 e 21:30 a 22:30. E os sábados de 10:30 a 11:30, de 11.45-12:45 e de 13:00 a 14:00.
– Para coller a cita é obrigatorio chamar aos teléfonos: 681211104 – 981420483 de 11:00 a 12:30 (luns a sábado) e de 16:30 a 22:30 (de luns a venres). (Non se concederán as citas na piscina).
– É obrigatorio o uso de máscara e lavar as mans con xel hidroalcoholico.
– Hai que manter sempre unha distancia de seguridade mínima de 2 metros en toda a instalación (aparcadoiros, acesos, vestiarios, piscina,…).
– Seguindo as directrices de Saúde Pública – Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, non se poden usar nin as duchas nin as billas dos lavabos dos vestiarios. Só se poden usar as duchas que hai na praia da piscina, sen xeles nin xabóns, antes e despois do baño.
– A instalación abre por quendas dunha hora na que as/os usuarios/as deben ter tempo para cambiarse de roupa, nadar e volver a vestirse.
– É moi importante cumprir cos horarios establecidos para permitir, entre quenda e quenda, a desinfección dos vestiarios e zonas comúns.
– Non poden acudir a instalación persoas con síntomas compatibles co COVID -19 e no caso de estar na instalación, ante calquera destes síntomas debese abandonar a mesma.
– O material desbotable introducírase nunha bolsa de plástico que deben levar as/os usuarias/os e debidamente cerrada depositárase nas papeleiras dos vestiarios ou da saída.
– Asignarase unha zona nos vestiarios para cada usuaria/o co fin de manter a distancia de seguridade.
– En caso de necesitar algún material pediráselle ao socorrista e unha vez rematado depositárase onde o socorrista indique para a súa posterior desinfección.
– No aparcadoiro debese deixar un espazo mínimo de 2 metros entre os vehículos.