ACTUALIDADE
Nadal 2019/2020. Actividades
16 Decembro 2019
O Concello de Cariño convida á toda a veciñanza a participar nas actividades que terán lugar durante as festas de Nadal. Aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas FELICES FESTAS e un PRÓSPERO ANO 2020.
Ata o día 6 de xaneiro ten lugar o Concurso de Escaparates. Nesta edición participan 14 comercios: O Xardín, Óptica Mar, Lucimar Floristería, Zen, Farmacia Ana María Sarabia, Marineda, Farmacia García Mato, Mercería Bamby, Agromascotas Cariño, Óptica Cariño, Lencería Dalila, Pumar Joyas, Dkora e Atmósfera Sport.
II CONCURSO DE TAPAS SABOREA CARIÑO 2019
Do 20 ao 22 de decembro de 2019 celebrarase en Cariño a segunda edición do Concurso de Tapas “Saborea Cariño 2019” no que os establecementos participantes amosarán a súa mellor gastronomía.
Nesta segunda edición serán 8 os establecementos participantes, que ofertarán polo prezo de 1,5 € tapas baseadas na gastronomía local ou de temporada. Os establecementos participantes son os seguintes: BAHÍA CAFÉ & BLUES – CERVECERÍA BITÁCORA – CHIRINGUITO SAN XIAO – MAREA RESTAURANTE – MARINEDA CAFÉ BAR – NORDESTE – O BARÓMETRO – TABERNA BARDANCAS
Neste enlace podes descargar o tríptico con toda a información.
O domingo 22 de decembro a ANPA BEIRAMAR organiza a súa Festa de Nadal. Terá lugar no Polideportivo Municipal, a partir das 17 horas.
VISITA DE PAPA NOEL
O martes, 24 de decembro, disfrutaremos da visita de PAPA NOEL. Estará na Casa do Concello entre as 17 e as 19 horas.
BALONMÁN en Familia
Achégate a pasar unha boa tarde coa familia xogando ao Balonmán. Actividade organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, terá lugar o venres 27 de decembro, a partir das 16.30 horas no Polideportivo Municipal. Entrada de balde.
Imparte: Abel González Colorado
CINE.
Tamén teremos tempo para o cine. O sábado 28 de decembro, a partir das 19 horas, poderemos ver SMALLFOOT. Será no Auditorio Municipal e con entrada de balde. Duración: 96 minutos.
Smallfoot dá un xiro á lenda de Bigfoot cando un Yeti novo e listo atópase con algo que pensaba que non existía: un ser humano. A noticia deste “humano” tráelle a fama e a oportunidade de conseguir á moza dos seus soños. Así mesmo, provoca unha conmoción na sinxela comunidade de Yetis ao preguntarse que outras cousas poden existir máis aló da súa aldea nevada.
BAILE DE ANINOVO
Logo das Campanadas, achégate á Praza Roxa para disfrutar do Baile de Aninovo amenizado por DJ PARTY. Teremos carpa e poderedes inmortalizar a primeira noite do ano 2020 no noso photocall.
A entrada é de balde.
E o venres 3 de xaneiro, tamén a partir das 19 horas e no Auditorio Municipal, é o turno da comedia de animación EL GRINCH.
Cada ano, en Nadal, os aldeáns perturban a súa pacífica soidade con celebracións cada vez máis desmesuradas, luminosas e ruidosas. Cando os Quién declaran que ese ano van preparar un Nadal o triplo de grande, o Grinch dáse conta de que só hai un modo de recuperar algo de paz e silencio: roubar o Nadal. Para iso, decide facerse pasar por Santa Claus en Noiteboa, facéndose cun reno moi peculiar para tirar da súa zorra. Mentres tanto, en Villa Quién, unha doce nena chamada Cindy-Lou, desbordante de espírito do Nadal, planea cos seus amigos atrapar a Santa Claus durante a súa visita en Noiteboa para darlle as grazas por axudar á súa traballadora nai. Con todo, a medida que se achega a noite máxica, as súas boas intencións ameazan con chocar coas do Grinch, moito máis perversas.
Continuamos con música. O sábado 4 de xaneiro, a partir das 19 horas no Auditorio Municipal, poderemos ver en directo a unhas das bandas con máis tirón da música infantil galega actual: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. A entrada é gratuita.
Banda de música infantil que recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!
CABALGATA DE REIS
A partir das 17 horas a Cabalgata de Reis percorrerá as parroquias do Concello, rematando o percorrido na Casa do Concello, onde as súas MAXESTADES atenderán as peticións de nenas e nenos.
Queremos pedirvos precaución durante o percorrido a Cabalgata. Manteña aos pequenos en todo momento vixiados. A seguridade é importante.