ACTUALIDADE

Aberto o proceso selectivo para a contratación dunha praza de Educación Familiar e outra de Animación Sociocultural.

02 Abril 2018

Hoxe saen publicados no Boletín Oficial da Provincia os extractos das convocatorias dos procesos selectivos para cubrir unha praza de Educación Familiar e outra de Animación Sociocultural.

Ambos contratos realizaranse ata o 31 de decembro. O contrato será a xornada completa: 37,5 horas semanais, de luns a domingo cos descansos establecidos.

As instancias para participar no proceso de selección presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público, no prazo de 5 días hábiles (ata o luns 9 de abril incluido).

Neste enlace podes descargar as bases completas do proceso de Educación Familiar.

Neste enlace podes descargar as bases completas do proceso de Animación Sociocultural.